11/05/13
Ananás Satanás es lo más
Se lembrades, cando falara por primeira vez do deseño este e filtrara un par de fotos de camis dicía que tiña que facer unha v2 co logo nun maior tamaño. Despois de investigar distintas maneiras de facelas, están aquí á venda a semana próxima na tenda Fixed & Single Bikes (Pontevedra) do noso amigo Cochón.
Para facer a foto coa camiseta a modo de anuncio decidimos ir no carro buscar zonas industriais abandonadas e deixar alí a resaca que tiñamos. Estivemos cerca dunha hora conducindo e finalmente lembramos este sitio polo que sempre pasamos cando imos de Pontevedra a Santiago; unha gasolineira abandonada e unha estrutura metálica deformada que sempre chamou a miña intención. Ademais do sitio este pasamos onda o avión ese de metal, do que non sei absolutamente nada exceptuando que adoitaba ser un bar (???) Déixovos algunhas fotos extra.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)




Sem comentários:
Enviar um comentário