Levaba un tempo coa idea na cabeza de empregar o deseño altamente guapo e profano do cartel da 6669 jam que o meu colega Sho Kenke chantara o pasado ano e aquí está o resultado! O debuxo está impreso en vinilo nunha sudadeira de algodón clásica. Decidín facelas crewnecks porque son (na miña opinión) o máis cómodo para montar ademais de estar pardísimas.
Por uns razonables 30 pavos poderedes representar a marca/crew/blog/imperio criminal que máis o está a mover!! Polo momento só as podo facer baixo pedido, así que se queredes facervos con unha podedes contactar no mail ou mesmamente no facebook.
Sem comentários:
Enviar um comentário