28/05/13

Denís Cuerdo 2013 Masterweek



Denís Cuerdo xa nos deixou flipando na Marín Ghetto Fresco (pipeade outra vez o vídeo que fixemos suando Estrella Galicia) e neste vídeo para a Dogway Masterweek destrúe todo spot en zonas coñecidas de Vigo e Marín. O gañador da Master Week terá dereito a botar unha semana en Bilbao no Moana Surf & Skate Hostel que ten nada menos ca skatepark e piscina privados; CHEFES.
Por se fora pouco, o gañador tamén protagonizará o próximo número da revista xunto cun documental de todos os clips filmados durante a semana.

Dámonos conta de canto máis avanzado está o skate nalgúns aspectos con premios máis alá dunha camiseta e un manillar?

PD: Somos DO RIGHT DO BIKES e poñemos vídeos de skate con alarmante frecuencia, haha.
PD2: Pipéademe a min, ao colega Javi é á 1ª Dama no último clip! haha.


Sem comentários:

Enviar um comentário