23/05/13

Seamus Mckeon The Trip


Por algunha razón deixei pasar este post obrigado. A miña conxetura é que moitos destes clips estaban destinados a formar a parte do Seamus no vídeo de Subrosa G.U.T.I. (vede senón o primeiro clip onde sobrepoñen o logo de The Trip á pegata de Subrosa) e o beef resultante entre membros de ambos equipos terminou con este webvídeo para o noso pracer. Sempre é un exercicio de reflexión ver un vídeo do Seamus; xa sexa ver a complicación en clips aparentemente simples ou apreciar como expreme un spot máis alá dos límites dun rider medio. Moi engorilado tamén coa edición e a gravación do Miles que como sempre son impecables. ++

Sem comentários:

Enviar um comentário