21/05/13

Steven Hamilton interview


Dig fíxolle unha entrevista a Hamilton no Issue #92 da sua revista que agora publicou na súa páxina web. Hamilton e toda unha lenda, revolucionou o street e a min o seu estilo flípame.
Nesta entrevista fala da sua famosa entrevista no primer volumen de 'The Albion', dos tamaños de bicicleta que tuvo, de como deixou a bebida e moitas otras cousas... paga a pena botar un esforzo e leela.




Mediocre at best



''Full length video'' que se atópa no forno, nas manos do filmer Bobby Kanode.
Tras este proxecto, que sairá no outono deste ano, hai pros recoñecidos como Lahsaan, Eric Bahlman, Drew Hosselton, Troy Blair, Joey Motta e algúns mais.
Na miña opinión encántame que os full lenght videos volvan a cobrar importancia.

Animal summer 2013


O verán chegou á East Coast e Animal quere manter ao seu público sempre fresco. Polo momento coñecemos só esa gorra negra e esas camisetas co logo do grifo e NYC? no fondo que me flipan especialmente. Como xa sabedes, as pezas, roupa e complementos de Animal e Skavenger pódense adquirir a través de UnionBS sempre apoiando as mellores marcas (ehem, haha)



20/05/13

Tenda online rulando



Semellaba que cada vez que alguén me preguntaba onde podía comprar os nosos produtos non existía un lugar ''físico'' onde realizar a compra e acababa falando comigo directamente. Este feito pode botar atrás a aquela xente que non se fíe/non me coñeza/etc. Agora é oficial, polo que premede AQUÍ para acceder ao bigcartel. Tamén podedes acceder premendo na celda central ''SHOP''. Entérrovos en pegatas con cada pedido!

19/05/13

GO HARD OU VAITE DEITAR



Este pulcro traballo de photoshop do Charliemane non podía vir en mellor momento porque nos 2 próximos meses publicaremos nada menos ca 2 NOVAS PARTES da mixtape ''GO HARD OU VAITE DEITAR''`coas súas respectivas entrevistas. Déixovos de bonus o vídeoclip ao que pertence este fotograma do A$AP Rocky co Skrillex que é puro engorile. GHOVD.



DRDB Reup


Brenden Tombow fixera moito moito ruído cando este vídeo fora publicado e non foi sen motivo. Con dicirvos que o primeiro clip é un predator grind (=double peg a over switch double peg) a smith digo todo. Conforme o vídeo avanza o tipo aparece destrozando varandas xigantes e caixóns ata chegar a un banger nivel sheriff. Se quedastes con ganas de máis podedes ver clips seus no Animal QSS#5 posteado abaixo.

Animal QSS#5


Animal decidiu que Nadal agora tiña que ser en maio e regalounos case media hora de vídeo do seu equipo ao completo ademais de infinidade de colegas. Moi engorilado cos clips de Jeff K, Dave Belcher, Mike Hoder, Tom White, Ralphy Ramos e un INFINITO etc. Védeo 1000 veces.