19/01/12

B-Rad

Brad Simms destroza todo o que toca. Ten a potencia necesaria para un hop 540 e a finura e a técnica para planchar os manual bonk 180, os cales nos explica neste tutorial para RideBMX de maneira que cheguemos a controlalos coma el. Non importa se non entendedes o que di xa que aparecen clips en distintas superficies que vos poden dar unha idea para empezar a probalos. Así mesmo, se por algunha razón derivada dunha anomalía no teu código xenético non viches o seu ultimo vídeo en Israel, pincha aquí porque está cargado de bangers cun tema de Dizzie Rascal moi guapo.


How-To: Manual Bonk 180 With Brad Simms | Ride BMX






Sem comentários:

Enviar um comentário