Se levas montando máis de 2 anos, estarás de acordo comigo en que un dos mellores lugares para montar/vivir é LA. Esta obsesión coa cidade anxelina exténdese por todo o mundo, mesmo nos propios EUA. O rider de Portland Codie Larsen, que monta para Wethepeople, fixo unha escapada xunto con Ben Hucke (o que por certo monta agora para Diamond Back despois de deixar Sputnic) para desfrutar o Sol. A xente de ESPN documenta esta semana nesta galería de fotos.
Quería aproveitar a mención de Wethepeople para repostear o seu vídeo en NYC, onde vemos xente como Andrew Jackson, Mike Brennan (medio lesionado, unha lástima), Pete Sawyer (4 pegs freecoaster con estilazo) ou o mesmo Codie Larsen. Comentar que Wethepeople está facendo as cousas realmente ben en moitos niveles (novos riders, nivel de produción dos vídeos) polo que só espero que fagan máis vídeos para este ano!
Occupy New York from wemakethings on Vimeo.
Sem comentários:
Enviar um comentário