Á espera do vídeo da crew Deadline, prolongado ata á eternidade debido ao perfeccionismo da crew, déixovos unha foto do Sr. Reynolds empezando unha liña cun bars (como non)
O vídeo, que levará por título ''Waterstreet'', contará con seccións do mesmo Garret Reynolds, Ty Morrow, Kevin Kiraly, JJ Palmere, Steve Croteau e Augie Simoncini entre moitos outros. Á parte de ser consciente da calidade de riding que poden producir os enriba citados, a filmación corre a cargo de Tony Ennis (responsable de míticos vídeos coma ''End Search'' ou web vídeos coma os recentes da marca Fiend) polo que só podemos esperar o mellor!

Sem comentários:
Enviar um comentário