Se lembrades ben, recordaredes que hai unha semana falei do inminente vídeo de Deadline. Despois de promos para Fiend cun nivel altísimo por parte de todos os da crew, non sabemos xa que esperar do vídeo de Garrett. Nesta entrevista en Ride coméntanse datos canto menos interesantes; rumores sobre Garrett tendo 15 minutos de clips (WTF?), que Deadline leva a traballar 4 anos neste vídeo en cidades como Philly, Boston ou Barcelona e que algunhas das partes están xa pasando polo proceso de edición. Prevese que sexa publicado esta primavera e podería ser facilmente o primeiro vídeo polo que pagaría na miña vida tendo en conta todo esto.
Déixovos aquí unha secuencia de 540 toothpick bonk; o primeiro xamais feito? Garrett noutra liga.

Sem comentários:
Enviar um comentário