O Don, o OG, o pioneiro; chámeselle como se lle queira chamar non hai dúbida de que Edwin marcou un antes e un despois en canto a street riding.Poñendo Brooklyn no mapa e afianzando os Brooklyn banks como un spot mítico para os bmxers, foi nada menos que o primeiro que o empezou a facer fino, suave e con estilo, ao contrario das correntes dominantes no momento que consideraban street facer gaps enormes. A entrevista que ten en Defgrip leva xa un día posteada pero é que estaba buscando unha foto en concreto para posteala xa que me parece altamente representativa do estilo de Edwin.
Na entrevista trátanse varios temas: os inicios de Edwin no mundo da BMX, a súa relación con Animal, Mike Hoder en Animal, a súa paixón pola fotografía e sobretodo as críticas que recibiu pola falta de material seu, acusándoo de se ter acomodado na vida do pro. Sobre este tema gustaríame engadir que estas críticas forman parte dun malentendido, xa que riders como Edwin ou, por poñer un caso similar, Eddie Cleveland, causaron tal sensación e gozaban de tanto apoio entre a xente que a única reacción ante o cese de novas só puido materializarse en críticas que no interior agardan que volvan ser o que eran.
Clica a imaxe para acceder á entrevista.
Captura polo fotógrafo inglés Daniel Benson (visita o seu tumblr aquí para desfrutar do seu traballo)

Sem comentários:
Enviar um comentário