Hoxe presento unha nova sección onde vou traducir algunha entrevista que me pareza interesante para poder ser compartida co planeta Terra. Aquí temos a de Eric Bahlman o que seguro que recordades deste vídeo cando fichou por Shadow con temazo de LMFAO incluído. Ademais de Shadow, deixou o seu sponsor de cuadros GT (por que sigue existinto esta marca?) para pasar a montar para a tripera Stranger, que lle fai a seguinte entrevista:
Lede e aprendede, haha.
ERIC BAHLMAN BENVIDO Á CREW
Eric Bahlman é o membro máis recente da crew e conseguimos facer unha breve entrevista con el a modo de presentación. Tanto se xa o viches como se non asegúrate de botarlle un ollo de novo ao seu vídeo para Shadow (filmado e editado por Bobby Kanode) Agradecer a Spencer ''Loofa'' polas fotos.
Onde estás vivindo agora e como te metiches no mundo da BMX?
Actualmente vivo en Tempe, Arizona xusto ao lado do campus ASU que sempre está guapo para ir montar. Despois de facer o meu primerio bunnyhop xa tiña claro que era o meu. Estaba tan engorilado que de camiño á escola facía bunnies todo o tempo, haha. Engancheime desde aquela.
Cales eran algúns dos teus riders favoritos cando empezaches?
Ratboy, Jason Enns e Kevin Porter. Ratboy sempre foi unha gran influencia para min. Era un local, planchaba en park, en street e nos dirts e en definitiva era alguén adiantado ao seu tempo. Enns é a razon pola que aprendín tables e pola que adoitaba montar 4 pegs e manillares de 4 pezas. O estilo de KP sempre me pareceu flipante e é a razón pola que me gustan tanto os xiros.
Con quen montas no día a día?
Aquí somos unha crew grande.Shout outs a tódolos colegas Loofa, Bobby Kanode, Joey Motta, Drew Hosselton, Frank Park, Brandon Straub, Dustin Orem, KC Badger, Clay Johnson, Sam Buros, Ryan Chadwick, Matt Nietschke, etc...
Como foi que acabaches estando patrocinado por Shadow? O edit de benvida e incrible.
Gracias tío! Todo foi gracias ao Team Manager Ryan Chadwick. Levamos montando xuntos os últimos 10 anos ou por aí e sempre me presionaba montando de maneira que me fixen mellor rider. Estou tan flipado con estar no equipo con toda a peña. Todos no equipo montan guai, están de colegueo e gústalles pasalo ben.
Non pode ser mellor!
Sempre montaches con freecoaster?
Levo con coaster 4 anos agora. Pero antes de comprar un quixen ver de que ía o rollo e montei chainless durante 9 meses. Si, montaba en scooter! haha
Como che está indo co Coastersaurus?
Levo montando un mes con este buje e de momento vai moi guai. Roda suavísimo e vese moi guapo! Eixe femia e conos guapos? Arrasa!!
Tes xa viaxes planeadas en 2012 se o mundo non acaba?
Haha a que si? A primeira semana do ano irei para Cali con Shadow pero á parte deso de momento nada. Agardo viaxar e montar tanto como poda porque é o mellor que hai.
Truco favorito, grupo, número e comida?
Faría manuals ata quedar inconsciente se puidese, e marcar un table sempre mola. Nunca tiven un grupo favorito, pero seguramente sería Black Sabbath aínda que me gusta todo. 69, 420, 666. MacDonald's é o meu sitio tío.
Algunha historia graciosa de Kanode?
Haha, Kanode é sun ser humano gracioso xa por el só polo que a súa vida enteira é unha broma.
Cal é o significado da vida?
A vida debería consistir só en pasalo ben. Non vivimos para sempre así que non te preocupes e aprovéitaa o mellor que podas. Pasalo ben, viaxar, montar, ir de festa!
Sem comentários:
Enviar um comentário