15/01/12

KILLJOY; cheira a NORA CUP

O título non conta mentiras amigos. E é que un dos vídeos que máis está dando que falar ultimamente nos twitters de xente como Adam22 (propietario de TCU)ten nome e apelidos; Killjoy.

Dos creadores de That's it (5050bmx) chega a segunda entrega do vídeo que recolle a escena dos mellores riders de Salt Lake city. Con xente coma Dave Thompson, Cam Wood, Matt Beringer, Tate Roskelley e si, Aitken (que contará no vídeo cun documental retrospectivo que narrará a súa evolución despois do accidente fatídico que seguro que todos lembrades) o vídeo só pode ser excelente. Para vos familiarizardes con el, déixovos o tráiler e un fondo de pantalla creado por Jordan Utley, responsable da dirección artística do vídeo, que podedes descargar aquí.


KILLJOY TRAILER from Jordan Utley on Vimeo.



Sem comentários:

Enviar um comentário