15/01/12

Skate e BMX amigos para sempre

Case en exclusiva acabo de recibir este vídeo vía os primos Cochón (Borja&Juan) O web vídeo foi producido polo proxecto de San Diego Mark it, que está a traballar nun vídeo de longa duración con seccións de Chad Kerley, Dennis Ennarson, Cristian Rigal (encargado tamén da filmación e da edición) entre outros.

En canto ao vídeo en concreto, podemos dicir que non se podía unir mellor o mundo do BMX e do skate que xuntando a Chad Kerley con Theotis Beasley ; os dous coleccionan spónsors, os dous son referentes creando trucos e liñas e os dous son negros (alguén tiña que dicilo non?) No vídeo aparecen tamén clips doutros skaters que non importan e do noso afro-4pegs-freecoaster favorito, Alex Kennedy. Fire!

Chad Kerley and Theotis Beasley MARKIT split edit from MARKITBMX on Vimeo.

Sem comentários:

Enviar um comentário