Se queres ver a Ben Lewis co tío máis español do planeta bótalle un ollo a esta galería de fotos que recolle os días que Ben estivo en Valencia. Nesta cidade estivo a gravar este vídeo para o seu novo spónsor, Source bmx.
Por outra banda, Fit anuncia que a partir de agora comezará a producir as súas bielas en 170 mm seguindo o consello de Ben Lewis, resultando máis proporcionais de acordo co cuadro signature do streetmaster de Liverpool.
Aproveito para poñer unha das miñas favoritas de tódolos tempos con Ben L e o OG inglés Cookie facendo 2 crankslides perfectamente sincronizados.

Sem comentários:
Enviar um comentário