19/02/12

Clásicos #2

A crew canadiense de Blaze guard (Travis Sexsmith e Kym Grosser, entre outros) producira xa hai 2 anos un dos webvídeos máis memorables que eu poda lembrar. A combinación do tema psicodélico, un título chamativo, 3 minutos de bangers (entre os que está o primeiro double tire slide nun caixón que eu recorde) fan que este vídeo sexa digno de aparecer na sección de clásicos.

Comentar tamén que a crew de Vancouver está por publicar o seu primeiro vídeo longo; que ganas de velo!



Blazeguard - Stoked on Being Blazed from John Thompson on Vimeo.



Sem comentários:

Enviar um comentário