23/02/12

Dakota Roche's crib

Sempre chama a miña atención ver o contraste entre a idea preconcebida que teño da situación económica dun pro de BMX e a realidade. Por exemplo, no caso de Dakota, que poderiamos dicir é o paradigma dun pro establecido (spónsor de roupa, de pezas (con royalties xa que ten sillín e puños signature), bebida enerxética que sempre paga ben e de rodas) imaxinaba unha casa enorme con todo luxo de instalacións e resulta que vive nun piso compartido co seu colega de Cult Cody Levesque que ten un só cuarto. Con todo, a súa calidade de vida segue sendo 1000 veces mellor que a de calquera de nós (ten en conta que vive en California no centro de Huntington Beach)

En fin, trataba de facer unha introdución a modo de pequena reflexión para a  visita ao seu piso que fixeron os de ESPN.

Sem comentários:

Enviar um comentário