26/03/12

Clásicos #6

A semana pasada estivemos a rememorar vídeos antigos e CLÁSICOS, sobretodo aqueles que contiñan metraxe de Ian, que como sabedes abandonou as bicis polos tractores cando decidiu comezar a súa andaina como labrego, e un dos principais que lembrei foi este de Mosh en San Francisco. Para aqueles que non o souberan xa, Mosh era unha submarca da todopoderosa Giant, na que Mike Ardelean actuaba como team mánager polo que decidiu patrocinar aos seus amigos conformando uns dos mellores equipos de bmx da historia (Corey Bohan, os Ras Cats, Chase D, Eddie Cleveland, Ian Schwartz, Rich Hirsch, etc.)

Sendo un vídeo de xa 5 anos vemos trucos totalmente actuais como un crankslide 180, gran cantidade de variacións de pedal e liñas de freecoaster tan popular nestes días. O vídeo transmite, para o meu ver, unha sensación xeral excelente conseguida en parte polos bonitos spots que ofrece San Francisco, a filmación e a música de chillin'. PumPum.



Mosh San Francisco from Pascal Laumonier on Vimeo.







Sem comentários:

Enviar um comentário