21/03/12

Shawn Garrett e Tafari

Quería presentar unha marca que chamou a miña atención; Tafari. Esta marca con base en NYC foi creada entre outros por Shawn Garret (un dos antigos Ras Cats e actual rider de Cult) e propoñen unha liña de roupa ecolóxica, sen ningún tipo de material de procedencia animal nin ningún tipo de proceso que poda afectarlles. Xunto coa produción de roupa, na súa páxina adícanse en profundidade ao aspecto alimenticio, posteando receitas, recomendacións sobre alimentos e máis.

Ademais de ser ecoloxicamente responsable, a roupa ten un deseño simple pero elegante; suficientemente elegante como para que alguén coma o rapeiro canadiense Drake a vista:


Aproveito ademais para deixar o vídeo de Shawn Garrett para Cult, que se conforma dos clips que este gravara para Stay Fit, mais que foron descartados despois do éxodo de gran parte do equipo de Fit.
O pedal grind master, cun estilo xenuíno montando e mesmo un estilo xenuíno vestindo. Ras Cats FTW!



CULTCREW/shawngarrett01 from Cult Crew on Vimeo.



Sem comentários:

Enviar um comentário