23/04/12

Clásicos/Randy Taylor

Hoxe quería facer algo máis coa sección de clásicos, así que decidín empregala para aloxar un pouco de amor para Randy Taylor. Recentemente puidemos saber que Randy non ía seguir montando para Mutiny, o cal é algo significativo tendo en conta que foi a marca coa que medrou e que lle deu un nome a nivel mundial.
 Sexa por mor a que se converteu nun pai ou ao seu infortunio coas lesións, recordaremos hoxe a súa sección mítica para Props agardando que encontre sitio noutra marca!
 Podedes ver tamén a súa aparición máis breve e  ao mesmo tempo máis emblemática ou o seu web vídeo máis recente xusto despois da súa lesión no xeonllo.




Sem comentários:

Enviar um comentário