28/05/12

Lil' Jeff Mic'd up

Que humilde é este tipo sempre que fala; que ben me cae. Neste vídeo, Jeff Kocsis (ide ver de novo o seu excelente vídeo de benvida a Macneil) conta que montou unha tenda de bicis na súa zona de New Jersey con toda a súa familia (seu irmán é mecánico, súa nai leva as contas e el e máis o seu pai levan os asuntos de publicidade, expansión do negocio, etc.) e que para consolidar a escena da súa zona organizou unha jam no skatepark local. No vídeo hai aparicións de gran parte do equipo de Animal e moi boas vibracións para o meu entender. Nice.




Sem comentários:

Enviar um comentário