23/05/12

Macneil in England

Bueno, decidín cambiar un pouco a filosofía dos posts deste blog. Normalmente sempre intento postear cousas alternativas ás que postean as grandes páxinas coma TCU, Ride, Vital, etc., porque dou por sentado que todo o mundo os viu xa. Como non sempre sucede así, de agora en diante procurarei postear as cousas alternativas que xa facía ADEMAIS dos vídeos populares do día que máis me gustaron, e empezo con este.

Dyllon Lloyd, Kevin Kiraly, Vincent Mayne... o equipo de Macneil está formado por heavy hitters, e ademais o vídeo está fimado e editado por Mike King, o cal é unha garantía de calidade. Ademais de todos estes ingredientes, a canción escollida é un verdadeiro temazo que obriga a ver o vídeo varias veces.






Sem comentários:

Enviar um comentário