07/06/12

Clásicos

Deime conta de que me pasei esta sección un pouco pola zona inferior ao embigo situada entre as pernas. Vou procurar volver forte con ela, e empezo con esta reliquia de Simone Barraco (2 anos para un webvídeo é unha eternidade, algo así coma os anos caninos comparados cos humanos) en super slow mo que serve moi ben a modo de tutorial para os que andades a voltas con algún dos trucos que aparecen retratados. Para os que xa fagades ben todos estes trucos, simplemente deleitádevos.



SIMONE BARRACO slow mo by AIRA from StudioAira on Vimeo.



Sem comentários:

Enviar um comentário