Ao final decidínme por moverme ata A Coruña para ir ao Churrasquiño e ver que se cocía. Nunca fora ata alí coa bici e moito menos a ningunha Jam e teño que dicir que estivo moi guapo; moi bo rollo, bastante xente participando tanto na categoría de Máster como na de Pro (algúns heruditos foron capaces de participar nas dúas á vez!), birra e carne tal como fora prometido e obviamente se sumas todo sabes que moita diversión.
Nico gañou todo no que entrou (Pro e Bunny Hop máis gangsta), Rober gañou o mellor truco no caixón cun feeble hard 180 a back manual (hai vídeo de eso?) e o outro Rober gañou en Máster (podedes ver as clasificacións aquí e aquí)
Finalmente aquí vos deixo un pequeno vídeo que fixemos os que fomos collendo a cámara e que resultou decente ademais dunha excelente ocasión para promocionar a Jam 6669, haha.
O Churrasquiño 2012 from Do right do bikes on Vimeo.
Sem comentários:
Enviar um comentário