Estiven fóra do mundo da internet e tal e como vos anticipara hai 2 posts, e non tiven a ocasión de ver este pepino de vídeo por Federal.
No vídeo podemos ver a novas incorporacións de Federal así como a clásicos voltos da morte coma Mark Love; un gusto velo montar novamente tan fino nas rampas (pipeade o combo de liptricks do 2:40 :0) Gústame tamén o bo rollo que transmite o vídeo exemplicado na maneira na que se engorilan todos cando alguén cae un truco.
Gravado por Mike King (que editou e gravou tamén aquel excelente vídeo de Macneil na Inglaterra) e editado por Edd Allen (clásico nos vídeos de Federal)
Sem comentários:
Enviar um comentário