04/10/12
Do right do bikes A Coruña jam
Este é o cartel definitivo da jam para a semana que vén en A Coruña! Estou sacrificando mamíferos varios ao noso Señor para que o tempo non sexa un impedimento á hora de montar a semana que vén.
Como se cita no cartel, hai esas 4 categorías nas que se optará a premios. Algún paxariño veume cantar as cousas que se van regalar e definitivamente estades interesados! Como non vai haber categorías decidín outorgar un premio ao mellor rookie, dirixido a aqueles que leven menos tempo andando na bmx, mais que aínda así demostren ganas, habilidade; que nos inspire bo rollo basicamente. Moitas ganas de que isto teña lugar, vémonos a semana que vén xente!!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário