Sendo honesto estaba algo nervioso porque o tempo fora incerto durante toda a semana e non sabía canta xente ía apostar pola jam. Porén, antes de saír para o punto de reunión co resto da squad topamos cun FF (Fan Felino) de DRDB (De Risas De Birras) que descoñeciamos e que axudou a optimizar o meu prognóstico:
Saímos para alí e a escena coa que me encontrei é o máis aproximado á idea de piso de bmxers que podades imaxinar: máis bicis ca camas, spaghettis como para alimentar toda Somalia e moitas ganas de partir todo. 30 minutos de comida preparada de vagar máis tarde estabamos na estación do tren. Vai fluíndo.
O 1º spot (a praza da estación do tren) foi probablemente o máis sembrado de bos trucos que obviamente non vou rebelar xa que teredes que esperar polo vídeo! Só dicir que houbo acción en todo tipo de superficies e moito peg ardendo.
Neste punto chegou na miña opinión a mellor parte da tarde; unha morea de freaks en bicis de nenos pequenos atravesando Coruña en dirección á praza de Pontevedra (unha descrición bastante próxima ao que pensaría o ignorante estándar) Cando chegamos alí montouse algo ademais de xogar ao cadrado (idea improvisada durante un ''momento de lucidez'') que resultou perfecto, sendo Breixo o gañador da camiseta da gloria.
O 3º spot funcionou como suplente mentres nos reagrupabamos para proceder ao momento máis esperado por todos (considero eu) da tarde, o gran spot das ondas e a varanda que se podía ver no tráiler (00:21)
Inesperadamente, este spot deu moito xogo e puidéronse ver combos interesantes. Unha vez pasado o engorile procedimos a atacar O SPOT, e preguntarédesvos, ''por que tanto reagruparse e tanto prepararse e tanta hostia?'', pois porque a praza en cuestión está asolagada de cámaras e dous gardas de seguridade non moito máis intelexentes ca elas, polo que ter unha sesión neste spot é algo que mesmo nin os locals da Coruña poden contar. Moi ao meu pesar, duramos menos cá virxinidade dun neno no Vaticano, asi que fomos para Riazor, último e definitivo spot.
Este spot funcionou case a modo de despedida, con varias rondas de manual/nosemanual e SOBRETODO un cativo que eu non coñecía (Gabi) que despreciando a vida humana tal e como a coñecemos mandou un mega banger. Finalmente chegaron os premios, onde o mellor rider do día foi para o Nico Esteban (manillar e camiseta Cult), mellor liña/truco para o Pablo Lata (gorra Quintin e cubertas Animal TWW), mellor rookie o Gabi (pedais e puños animal) e outro pack co mesmo foi para Brandán, que intercambiou datos coa policía nacional para tomar algo un día polo que nos pareceu xusto.
Para concluír o post, agradecer unha vez máis (e non será a última) a Dani de UnionBS pola súa xenerosidade (canto teñen que aprender moitas tendas!), a Breixo de Pío Bikes por guiarnos pola cidade adiante e por suposto a todos os que viñestes botar unhas risas e uns chismes connosco. A 2ª parte da jam para os máis veteranos ficará na memoria de aqueles que se acorden de algo, porque eu pouco.
Sem comentários:
Enviar um comentário