Se prestastes un pouco de atención aos posts publicados ultimamente, caeriades na conta de que ademais dos posts publicados por min (Ojorge6669), figuraba outro nome (1ª Dama)
O nome ficticio 1ª Dama fai referencia á persoa chamada Mireia, que por circunstancias da vida resulta ser miña moza. Sen querer entrar en historias de amor ou como a droguei na primeira cita co propósito de amarrala para o resto dos días, comentar canto me axudou nos inicios do blog (tecnicamente poderíase dicir que aínda estamos a experimentar os seus inicios) ademais de que respecto moito a súa opinión en campos que descoñezo completamente. Recibídea cos brazos abertos e preparádevos para unha maior presenza de contido artístico no blog!
PD: Canto mola ademais ser dos poucos blogs de bmx do mundo cunha muller posteando??

Grande Mireioo
ResponderEliminarBoa fichaxe!!
ResponderEliminarsí señor!! (:
ResponderEliminar