20/11/12

Eric Holladay Mic'd up




Este vídeo achéganos un pouco a como se desenvolve un día normal para o rider de FBM Eric Holladay. Xa me gustaba moito como montaba, pero con este vídeo no que se nos dá unha idea de como vive aínda manda máis. Empeza por xuntarse con Zac Costa (auténtico killer súper infravalorado), falar cun mega personaxe trastornado, atraversar a cidade montando en spots guapos e finalizalo cunhas birras na praia fitando a posta de sol; non está mal de todo ou?

O que vistes mostra para min como viven moitos dos pros underground de bmx nos EUA. Estes pros underground son un dos grandes grupos dos que viven e ''viven'' do bmx (ou así o veño observando eu desde hai un tempo): por un lado, podes producir vídeos sen parar, asistir a todo tipo de jams e competicións e chegar a obter os verdes dunha marca de bebida enerxértica, unha de roupa e outra de pezas de bmx (unha opción totalmente respectable e que representa o que é vivir ''ben'' do bmx) e outra opción é a que reflicte este vídeo; sentir o mesmo amor polo bmx que un pro establecido, pero conformarse con ter a bmx pagada e coller un traballo calquera para chegar a fin de mes. As dúas opcións desfrutan do bmx, aínda que a min personalmente a que mostra o vídeo resúltame moito máis próxima e divertida de ver.

Sem comentários:

Enviar um comentário