25/12/12

BSD ''Living for the city''



A parte final da épica serie de BSD ''Living for the city''.
 Jeff Cadger e Dan Paley conforman a intro con tremendos clips; Paley co seu estilo habitual fundido cos 4 pegs e Cadger con varandas xigantes e gaps. Unha vez aberto o estómago coa intro, Alex Donnachie procede a facer unha das mellores seccións que vin na miña vida. De lonxe un dos meus riders favoritos con 4 pegs que combina creatividade, gaps, velocidade e combos de grind súper técnicos.
Pode que sexa só eu, pero na miña opinión esta serie de vídeos de BSD está moi doadamente ao mesmo nivel que outros vídeos cargados de hype coma o ''Talk is Cheap'' ou o ''Bad Idea'' (filming, riding e todo) Vede a parte 1 aquí e a 2 aquí.

Sem comentários:

Enviar um comentário