Non todos os días fago descubertas tan boas coma esta. Vin un vídeo que puxeron en TCU de Bumpjump, o que me levou a encontrar o seu tumblr. A xente que podedes encontrar en Bumpjump son da zona de Richmond, Virginia, entre os cales hai riders de FBM (Tom Blyth, Eric Holladay) e son do máis auténtico que teño visto ultimamente. Ide ver o seu tumblr onde encontraredes multitude de fotos analóxicas moi guapas. Déixovos unha selección das que máis me molaron. BUMPJUMP.



Sem comentários:
Enviar um comentário