19/01/13
Dan Lacey - Chain Reaction BMX Team Edit 2013
Dan Lacey non deixa de partilo cos webvídeos nos ultimos meses, e este, moi de lonxe, supera a calquera dos anteriores. Hai varias razóns que fan deste webvídeo algo superior e distinto aos seus vídeos previos, sendo a razón principal a mudanza de filmer, xa que antes os vídeos costumaban ser gravados e editados por Mayol de GreenFilms, que na miña opinión e na de outros moitos resulta un filmer moi por baixo do riding do Lacey, e este foi gravado polo master da DSLR Richard Forne. Onde podedes notar o cambio? Pois por exemplo esa intro de minuto e pico en Israel trascende o que é un vídeo de bmx e documenta a crítica situación que se está a vivir en Tel Aviv actualmente (fixádevos na cara do Brunno Hoffmann!)
Outro factor importante que fai patente a superioridade deste vídeo é o propio Dan Lacey; over smith icepick hop over nunha varanda é unha puta locura, e facelo así de cómodo e suave moito máis. Ademais de esto, ofrece un novo banger nas Big Four de MACBA (algo nada doado de facer tendo en conta o número de pros que gravaron aí) e confirma que ten os mellores 360s no bmx baixando e subindo o que faga falla. 10.
PD: A miña única crítica é que se mostraran os whips a medio caer na intro e nunca chegaran a ter lugar!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário