16/01/13
Flybikes San Sebastián & Vigo
Parte do equipo Flybikes gravou nas cidades de Vigo e San Sebastián este vídeo que vedes. Teño certas cousas que comentar:
a) Nunca fun de apoiar moito a Flybikes porque me parece que non dá un peso pola cidade onde naceu nin polos locais que montan en ela (ningún clip de Chileno, por exemplo?)
b) É gracioso que na web de Cromoly concretan que un dos propósitos do vídeo era mostrar zonas inexploradas de Vigo cando OS MÁIS spots son do Náutico e do Berbés.
c) Moi contento de que Rubio estea gañando máis e máis protagonismo nos vídeos de Flybikes!
d) Estrañei clips de Shane Weston, mais despois recordei que foron todos para a excelente promo do seu cuadro Isla.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário