08/03/13
DC e o bmx
Adam22 escribiu na súa sección ''Chicken and rice'' sobre a marcha de DC do bmx e a mensaxe que esta transmite. É un texto relativamente amplo para o que adoita ser bmx, pero como todo o que escribe Adam é rotundo, claro e sen ningún tipo de restriccións. Unha das mellores frases na miña opinión é a de ''BMX worst enemy is its own laziness''. A falta de iniciativa no bmx xunto coa negatividade son o máximo cancro que estamos a sufrir polo que me uno ao que di o Adam e animo a todo o mundo a que deixe de ser un seguidor e pase a ser un creador: facede vídeos, jams, tendas, distribuidoras... Nunha conferencia á que asistín recentemente falábase de que sempre que empezamos un proxecto tendemos a esperar un ''non'' por resposta cando hai moita xente disposta a darnos un ''si''.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário