31/03/13

Lino real talk

Lino falando do BMX e na miña opinión dice cousas moi certas e que oxalá mais xente pensase desta forma.

Primeiro fala do que sería montar polo diñeiro,que pode ser unha razón para empezar nesto das bicis de nenos.
Explica que non se fan moitos cartos montando e asegura que os riders mellor pagados non cobran mais cos pais de moitos nenos. Logo fala de que moitos pros teñen traballos de media xornada ou incluso de xornada completa, porque algúns non queren mesturar o traballo ca diversion.
Despois comenta o de que a conocida empresa DC expulsara ao seu equipo de BMX e volve a dicir verdades coma puños, deixando claro que nos mesmos temos que coidar do bmx e non depender de persoas ou entidades alleas ao noso mundillo. Tamén di que moitas empresas pensan que apoiar ao BMX é so soltar cartos a tutiplén cousa que non é asi.
Finalmente fala de que leva montando para animal desde o 2002 e de que está moi agradecido por formar parte dunha marca asi. Comenta que as decisións teñen que tomarse por ser as correctas o non polos cartos(afirmación aplicable en todos os aspectos da vida penso eu). Como ben di logo os cartos veñen e van...

Sem comentários:

Enviar um comentário