20/04/13

4,20 CLIPS


Para conmemorar o día da planta medicinal máis popular do planeta (ide aquí para informarvos sobre o 420) decidín facer este pequeno edit con algúns dos clips que gravamos en Ferrol durante a Semana Santa. Está composto por un clip de Nico, un cameo meu e 2 fire clips de Rober. Gustaríame ter feito o vídeo unicamente con clips de Rober co obxectivo de crear verdadeira expectación para a súa parte no GHOVD, pero todos sabemos que a beleza dalgunhas cousas radica parcialmente na súa escaseza, como ocorre coas aparicións do Sr. Loureiro (recordade senón a súa aparición estelar rebentando unha puta reixa) Esperade que o Low Low teña esa merda lista no próximo mes e esperade que ata as vosas nais mollen as bragas con ela.

Sem comentários:

Enviar um comentário