29/04/13
Clásicos
Notade que este vídeo está baixo o título de ''Clásicos'' e non ''DRDB Reup''. Creou trucos, innumerables partes míticas en vídeos, pezas signature en multitude de marcas... non é necesario dicir nada sobre Rubén xa que o propio malagueño é perfectamente capaz de expresalo con feitos. Hai pouco voltei revisitar a parte co seu mellor riding da historia e voltei flipar unha vez máis. Ninguén inspira máis amor polos wallrides ca este home e resulta que nesta parte gañadora do Nora Cup no ano 2007 ten nada menos que 15 clips que conteñen wallrides, nomeadamente o banger, que como todo último clip dunha sección non foi doado de conseguir como podedes ver no seguinte vídeo.
Rubens nightmare por dirtyness22
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário