24/04/13

DRDB Reup



Estaba onte divagando polas Internetz e cheguei a este vídeo de DIG onde preguntaban a pros de estilos varios cal era o mellor web vídeo da historia. Un dos entrevistados é Alex Kennedy, quen describía a promo de Fiend con ''too much for the internet''. Pensade que nos últimos 5 anos, TODOS os webvídeos dos compoñentes de Deadline gravados en VX son clips descartados para o seu vídeo final. Non é esa a actitude propia dos mellores riders do mundo? Montar cada día coa mentalidade de estar a gravar unha sección? Eu diría que si. Sen máis déixovos co máis próximo ao vídeo de Deadline (disfrazado de promo para Fiend) que vimos ata o momento (riders, edición, música) que sen dúbida algunha fai o seu labor e deixa con ganas de moito máis.

Sem comentários:

Enviar um comentário