10/04/13

Nico Esteban facendo mega moves


Nico levaba un tempo falándome de isto e o engorilado que estaba co proxecto. Tratábase de presentar a unha empresa (que aínda tendo visto o vídeo non sei que hostia venden)que contratou a unha empresa adicada ao vídeo que se puxo en contacto cun tipo dunha tenda que acabou falando con Allain, un puto animal de skater de Bilbao (ide velo neste vídeo cheo de monstruosidades, EN SERIO) un pelotari e co Nico. De isto podemos obter dúas conclusións: a) Que Nico é a última puta B)Que realmente estaban tratando con xente profesional que non ía intentar darlles o pau!

Ata o puto lehendakari foi ver o vídeo e preguntarlle a Nico de onde saíra esa camiseta coas letras verdes tan guapas digna dun líder coma el. Podedes esperar que Nico monte para Frutas Katuxa se sigue traballando tan duro, e falando en serio igual podedes esperar algo de Nico/Allain partindo Bilbao...? Os novos Theotis e Chad Kerley nigguh.

Sem comentários:

Enviar um comentário