Os South Banks é O spot máis representativo do skate e o bmx en Londres desde os anos 70, e de acordo cunha nova medida de reedificación do concello de Londres queren botalo abaixo para construír tendas e bares (££££) Imaxinades unha Barcelona sen MACBA ou mesmo un Vigo sen Náutico? Multiplicádeo por 1000 e tedes o que están a sentir os locais da capital inglesa. Neste vídeo na BBC fan un percorrido polo spot ademais de detallar en perfectísimo inglés o conflito. Podedes colaborar para impedir o peche do spot asinando nesta páxina! Aínda ten que haber un vídeo de DO RIGHT DO BIKES montando en Londres e todos queremos catar o spot!
Sem comentários:
Enviar um comentário