26/04/13
UnionBS X DRDB
O mes de maio ademais de traer calor e levar o exceso de roupa das cachurras con el, trae para o noso blog o primeiro patrocinador. Levo coñecendo a Dani (Union) algo menos dun ano e neste tempo erixiuse coma o exemplo perfecto de persoa/tenda que sabe apoiar a escena: facilitándolle o acceso a pezas aos locais, patrocinando xente da zona (Rober e Pablo) ou patrocinando jams (a do Churrasquiño no skatepark de Eiris e mesmamente a nosa do ano pasado)
Union BS xa se publicitaba en coñecidos medios coma as revistas Wallride e Radio Magazine (unha en formato fisico e outra en dixital) e agora empezou a axudarnos a nós.
Na súa tenda podedes encontrar as mellores marcas do bmx actual coma Animal, Skavenger, S&M, Cult, The Shadow Conspirancy, Federal, Wethepeople, Éclat, Flybikes ou Odyssey. Ademais de todas estas coñecidas marcas, podedes comprar as camisetas de DO RIGHT DO BIKES (aínda máis coñecida) en stock nos tres modelos que podedes ver abaixo. Podedes facer o voso pedido enviándolles un mail a unionbikeshop@gmail.com ou no número de teléfono 881 926 113.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)


Sem comentários:
Enviar um comentário