12/04/13
Valencia webvídeo
Tropecei este vídeo en LAcostanorte e o thumbnail estilo Skavenger realizou a súa función acabando comigo dándolle ao play. Son algo máis de 3 minutos con spots realmente interesantes en Valencia (seguro que lembraredes o spot do bloque xunto ao banco do Tomorrow We Work), unha escolla musical excelente e riding técnico en caixóns/varandas de Armand Sanjuan, Alex Puig, Eric Sans e Nic Dols (editor do vídeo). Moitos dos clips do Eric Sans no vídeo foron os que se viron no vídeo que foi publicado paralelamente á súa entrevista en Weareorangejuice. Polo que conta na entrevista e por como monta está a ter unha presenza mediática máis que merecida.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário