24/04/13

Xa basta co rasta


Collateral fixo un interesantísimo artigo no que reflexionan sobre a presenza das cores rasta (vermello, verde, amarelo) no bmx. Para achegar unha visión desde dentro da industria, entrevistaron a Robbie Morales e a Shawn Garrett (pioneiros dos primeiros produtos rasta cando se encontraban en Fitbikeco) na que presumen de ter feito eses produtos para apoiar a un rider que verdadeiramente adoptou a relixión rastafari e non por simple negocio (personalmente non sei canto de certo ten isto) Ide aquí.

Como bonus, voltade ver o webvídeo de Shawn Garrett para Cult con moves orixinais por Xamaica e NYC (estes clips ían aparecer no vídeo ''Stay fit'' antes da marcha de gran parte do equipo) Ras life.






Sem comentários:

Enviar um comentário