Brenden Tombow fixera moito moito ruído cando este vídeo fora publicado e non foi sen motivo. Con dicirvos que o primeiro clip é un predator grind (=double peg a over switch double peg) a smith digo todo. Conforme o vídeo avanza o tipo aparece destrozando varandas xigantes e caixóns ata chegar a un banger nivel sheriff. Se quedastes con ganas de máis podedes ver clips seus no Animal QSS#5 posteado abaixo.
Sem comentários:
Enviar um comentário