Onte (sábado 4 de maio) movímonos gran parte dos colegas ata Marín para a competición titulada ''Ghetto Fresco'' onde tiñan cabida o trampeador de trucos aka scooter, o skate e o bmx. Foi o meu clásico sábado de beber 300 birras, fumar uns J's, gravar aos colegas e dicir cousas estúpidas por un micro dirixíndome a unhas 100 persoas. Era a miña primeira vez con esta competi e non me doeu nada; de feito desfrutei moito do bmx onde se puido ver moito nivel tanto dos locais MDMAFK cru, clásicos das competicións galegas coma Chileno ou Varo e obviamente os nosos propios DRDBers cun Portas moi resacoso, haha. Chile finalizou 1.º, Diego Villaverde 2.º e Ángel Outerelo 3.º
Non todo é ouro nesta vida polo que debo dicir tamén que encontrei o skate inxustamente favorecido nalgúns momentos (exceptuando os entrenos de bmx o skatepark estaba case sempre monopolizado por eles) e sobretodo uns premios que deixaban bastante que desexar no caso concreto do bmx. Con todo foi un día ben guapo e non fixo máis ca aumentar a miña ansia polo resto dos eventos do verán (por suposto facer a 2ª edición da 6669 jam)
Seredes quen de ver un pequeno vídeo dunha improvisada sesión no caixón de mármore/varanda portátil situados antes do skatepark nos vindeiros días se respiro aínda, haha. Seleccionei estas fotos (ademais da superior) que tomou o Borjiña durante a tarde. Védeas ''lendo máis''
PD: Actualmente admito ofertas para facer de xuíz/speaker nas vosas competis. 600 € e salvamos a Justin Bieber.
![]() | ||||
Varo estaba catando estes wallrides no rail posterior deste módulo. <3wallrides p="">
3wallrides>
Ningunha competi de bmx pode chamarse tal sen un backflip ben gordo no día. Varo knows
Jaco planchado un whip co uniforme do Marín F.C.
Downside whip. Planchados todos e cada un de eles.






Sem comentários:
Enviar um comentário