18/06/13

DRDB X Cromoly



Estou moi contento de anunciar á tenda de bmx Cromoly coma novo spónsor do blog. Cromoly confórmase coma unha das tendas de bmx do Estado máis importantes e coñecidas por participar en eventos de sona mundial coma o Marisquiño. Agora que o seu rol coma distribuidora de Flybikes expirou, a xente de Cromoly está dirixindo todas as súas forzas a apoiar a escena local con medidas coma crear un equipo flow (Andrés Power Hour anda en el), traer de volta á vida o mítico Queimada Contest (estas semanas máis información ao respecto) ou apoiar este blog.

Aínda que xa non sexa a distribuidora de Fly, na súa páxina teñen un stock enooorme de toda peza Fly habida, ademais de ter cantidade de material Etnies, Kink, Fit, etc. Botádelle un ollo á súa sección de ofertas para cazar algúns choios guapos.

Con todo o contentos que estamos con colaborar con Cromoly, mantéñome no meu
FUCK SCOOTERS.


PD: Estamos falando un posible concurso online entre Cromoly e DRDB para estes meses. Andade atentos!





Sem comentários:

Enviar um comentário