O sábado 1 celebrábase en Lugo a competi co nome de Style Fighters. O equipo profesional de festa decidiu que non se podía deixar pasar esta oportunidade e preparamos a viaxe dirección Lugoslavia.
Na competi había graffiti, skate, break e un concurso de mates e triples dos que non tiñamos nin idea hata que entregaron os premios. Os premios de BMX foron bastante inferiores aos das outras categorías, non sei moi ben por que motivo. Deixando esto de lado aqui tedes unha imaxe do park na que se pode apreciar a marabilla dos módulos prefabricados, había tamén un caixón e unha baranda portátil que case ninguén tocou...
A pesar de todo esto a peña engorilouse e pasámolo de puta madre, tan engorilados estaban Pablo e Rober que os dous sairon lesionados(nada grave). A pesar de ser a competi en Lugo a maioría éramos de Coruña asi que foi case como unha competi na casa. Na categoría de pro o top 3 quedou con Pajarito, Joni e Jose e na de master quedou victorioso Gonzalo un neno de aqui de Coruña.
Despois de todo o evento foi a entrega de premios e chegou a auténtica competi... a festa. Dani lévavanos unha gran ventaxa posto que xa empezou a beber á hora da comer. Despois dunha noite moi turbia voltamos para casa a botar un merecido descanso.
Aqui vos deixo un interesante reportaxe fotográfico...
Asi comenzaba o día...
...asi terminaba...
... e asi terminou o noso querido Dani...
Go hard ou bótalle 6 culleres de azucre ao café.





Sem comentários:
Enviar um comentário