27/06/13


Zach Krejmas on GSport - More BMX Videos

Cando un 69% dos webvídeos están dominados por combos e liñas infinitos e técnicos, aparecen vídeos coma estes que apelan ao riding máis minimalista e simple. Zach Krejmas faino agora para Gsport e este é o seu vídeo de benvida no que hai un aproveitamento dos spots dun nivel superior ademais de combos orixinais coma eses fastplants a wallride. Todo isto conduce a un banger que pode ser o ghost feeble máis tocho que teñamos visto a día de hoxe.
Ademais de para Gsport, Zach monta para OSS (esperade ver unha parte súa no novo vídeo ''Ruin your whole summer'' o 3 de xullo) e choia facendo contido web para Vitalbmx. Street smart.

Sem comentários:

Enviar um comentário