29/07/13
O Cachurrasquiño 2013
Na foto superior podedes ver ao Nico Esteban na súa plenitude mandando un rail ride a tailwhip na pirámide do skatepark de Eiris. Sen dúbida un dos puntos álxidos do Cachurrasquiño 2013 (moito me puiden rir cando uns nenos comentaban que o feito de que caera ben o whip fora polo tempo que botara na Woodward, haha) Desgraciadamente non vai haber ningún tipo de vídeo pola nosa parte (podería equivocarme, mais crin ver unha cámara apuntando ao evento así que pode que haxa vídeo) á parte do clip de Nico facendo o truco ilustrando na imaxe superior xenerosamente subido polo meu colega Bruno de Foz.
Que conste na internet o moito que odiamos todos a PioBikes por non haber churrasco e envelenarnos unicamente con birra e unha especie de bólas verdes que rompían en pequenos anacos. Ardían bastante ben; que curioso.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário