12/07/13

O Marisquiño XIII


O cartaz do Marisquiño foi oficialmente publicado (o que descansa sobre estas letras como puidestes intuir) e teño sentimentos enfrontados para este ano. Por un lado engorilado por ver ao Matt Roe e sobretodo ao Devon Smilie planchar ao bestia, xuntarme cos meus colegas de diferentes puntos do país e do Estado e coñecer a moita xente nova. Por outro lado sempre creo encontrar varias cousas moi mellorables. Primeiramente o feito de que aclaren que as dúas disciplinas son flatland e street; como pode chamárselle street a unha competición no que o 90% dos participantes son riders de park e que, precisamente, é celebrada en módulos de park?

Ademais da dubidosa clasificación das disciplinas, fago unha crítica xa totalmente subxectiva ao comentar o pésimo criterio que tiveron este ano no aspecto musical; Carmona, Ikki, Costa? En fin esperarei a que o evento teña lugar para que me deades a razón ou para comer as miñas palabras. Vémonos en Vigo se aínda somos quen de ver!

Sem comentários:

Enviar um comentário