10/11/13

LA COSTA NORTE ''Homies clips'' #2

LA COSTA NORTE "Homieclips" episodio#2 from Fernando Gomarín Olaiz on Vimeo.


Seguramente a primeira entrega desta serie puidéstela ver por intornet, pero como da segunda non souben nada ata que entrei no propio canal de Fernando decidín subila. O vídeo é basicamente unha ensalada de clips sen editar nos que máis que ver ''homies clips'' vemos a vida de Fer, xa sexa montando, gravando, facendo un batido de aspecto dubidoso ou no backstage da Razzmatazz con nada menos ca Waka Flocka Flame (soubéstelo; a miña parte favorita do vídeo)
Este vídeo váleme perfectamente para introducir unha das discusións máis clásicas no bmx desta península: Fer si ou Fer non? Axuda Fer á escena local de Barcelona ou só se axuda a si mesmo?
Todo isto vén producido por este comentario que lin na súa entrevista en exclusiva para Thecomeup (premede sobre a imaxe para vela en grande)



Honestamente non é a primeira vez que oio/leo tales comentarios relacionados coa súa persoa, nos que se denuncia que de Barcelona para fóra el é considerado de forma errónea unha especie de icono da escena local  e na propia cidade rexéitano (supostamente) porque só se involucra con pro's dos que pode obter algo (repito que non me decanto por ningún lado; só expoño información)

Na entrevista con TCU non se enfronta esta cuestión directamente (porque a ignoran) pero si comenta Fer cantas crew's independentes e marcas o contactan para ser o seu guía sen ofrecer nada a cambio. Respostas coma esta fanme pensar que pode haber algo de razón nos comentarios que poñen en dúbida o seu ''amor'' polo bmx, pero por outra parte pensade cantos riders españois foron dados a coñecer por el, cantos vídeos produciu, canta influenza tiveron os seus blogs (Too many rookies e Lacostanorte) no Estado e mesmo no mundo! Cando haxa un trip de DRDB a Barcelona vou facer o experimento e serei o primeiro en transmitirvos a experiencia!





Sem comentários:

Enviar um comentário